FARO DE VIGO. Aarón Lopez.
As instalacións para a creación dunha pista de skate para os patinadores de Cangas avanza e se espera que sexa “unha realidade en breve”, tal como afirma o edil de Xuventude de Cangas, Óscar Graña. Para a realización deste proxecto, a concellería de Xuventude reuniuse cos mozos patinadores do concello, conformando deste xeito un grupo de traballo que desenvolvese a proposta. “Algo que queremos fomentar coa nosa política é a participación cidadá”, afirma o edil.
Óscar Graña presentou onte un proxecto base a partir do cal traballar e levar adiante a realización desta pista de skate. Trátase dunha pista cadrada, sen unha ubicación específica, que contará con diferentes nivies de dificultade para aqueles que skaters que se estean iniciando e tamén para os que xa o fan dun xeito máis profesional. A partir deste deseño inicial o seguinte paso o deberán dar os propios patinadores, quen esbozarán un boceto con aquelas instalacións que lle parezan apropiadas. O resultado se transladará ao arquitecto municipal.
O proxecto base desta pista conta con diversos obstáculos como pirámides ou halfs e está acondicionado para o emprego de skates e de bicicletas BMX. Sen embargo, a infraestrutura ainda non está rematada xa que entre as peticións dos patinadores está a presencia nesta pista de mobiliario urbano, ao estilo de bancos ou escaleiras, nos que tamén practicar a súa destreza cos patíns. Innovacións deste tipo son as que se propoñerán ao longo destes meses ao deseño inicial.
Óscar Graña expresou o seu desexo de que este espazo sexa incluído nos próximos orzamentos municipais para que sexa unha realidade o antes posible. O edil destaca deste proxecto a participación directa dos futuros usuarios, algo que non se tivo en conta noutros proxectos anteriores para a construción dunha pista similar en lugares como o heliporto ou no kenyata.
A ubicación na que se pensa para esta infraestrutura nun principio son os terreos colindantes á futura piscina municipal e ás pistas de atletismo. Mañá esta prevista unha cita con técnicos municipais para observar in situ os terreos e decidir cal é a mellor ubicación para esta pista de skate.

2 comments
Comments feed for this article
20 Septiembre 20UTC 2007 a 8:32 am
chocoman
Otro entretenimiento para tiempos de mar plato XD
17 Abril 17UTC 2009 a 9:46 am
sfg
BIkE park por lo que se ve